23/09/10

Deixarse levar polo Grove

Eu fixen unha viaxe ao Grove, terra mariñeira e terra de músicos, un sitio case rodeado todo polo mar, cheo de praias nas que poder perderse, un lugar idóneo para deixar a un lado o extrés e o mal humor acumulado de todo o día e disfrutar desas vistas fantásticas, das postas de sol e conectar ao cen por cen coa natureza, unha das cousas que me chamou moito a atención e que creo que tamén teríamos que ter na Coruña e no resto de Galicia. E tamén, onde poder coñecer persoas incríbles.

Antes de ir xa o tiña todo ben preparado: tiña a equipaxe lista; a ruta xa a tiña ben calculada, xa que sabía ir sen necesidade dun mapa de estradas. Así que collín o coche e marchei cara alá. Sairía de casa ás 5 da tarde máis ou menos, e así chegaría a tempo para mercar a cea nun supermercado de Pontevedra e de paso parar de camiño en Vilagarcía, un precioso lugar tamén, onde quedei a tomar algo nun bar preto do porto, as vistas eran maravillosas cando se acercaba a noite.

Ao chegar ao Grove decidín ir durmir a un albergue, o primeiro que encontrei, xa que viña moi cansada. A mañá seguinte decidín, xa que estaba na zona, ir visitar Sanxenxo. Gustoume moito e pensei en quedar uns días máis dos previstos. O que máis me gustou? Pois... as vistas do mar, da praia, da ría, a tranquilidade... o que se pode dicir un paraíso.

Eu xa vira isto, pero nunca de día, así que foi unha experiencia bonita a de perderme polas vilas das rías baixas. Recoméndollo a todo o mundo, e sobre todo visitar esta zona do Grove,para que saiban valorar o gran privilexio que temos os galegos nas nosas costas, porque aquí temos un auténtico paraíso.