23/09/10

Unha viaxe moi entretida.

O verán pasado fumos de vacacións a Sanxenxo cos meus pais e meus primos.

Playa da Lanzada (O Grove)
Fumos porque queríamos coñecer as Rías Baixas, pobos de aredores, as súas playas, etc. O día anterior puxémonos todos a preparar as maletas, houbo que levar moitas cousas xa que íamos pasar quince días. Eu na miña maleta puxera o ordenador portátil para que cando fóramos a un bar, puidera consultar internet.

A viaxe realizámola en coche, a min fíxoseme larga; a pesar de que fixéramos paradas. Pero un, no coche acaba esgotado de tanto traxecto.

Combarro (Pontevedra)
Alugamos unha casiña en Vilalonga (Sanxenxo). Se queríamos ir a praia tiñamos que coller o coche, soíamos ir a praia da Lanzada. Pero teño que dicir que a auga estaba conxelada e non aguantaba moito.

Visitamos moitos pobos. Entre eles: A Illa da Toxa, Cambados, Illa de Arousa e Combarro. Este último foi un dos pobos que máis me gustou polas casas de pedra.

Tiven a oportunidade de montar nun kart, o circuito chamábase "Paris dakart"; paseino xenial. Foi unha pena que tivéramos que volver.