22/09/10

O mellor verán da miña vida.

Ao principio das vacacións estiven un pouco aburrida porque non sabía moi ben que facer. Estaba bastante no ordenador, na tele... e polas tardes marchaba á praia, á casa dos meus primos, á piscina... ata que empezou o Mundial de Sudáfrica 2010. Os días que non había fútbol eran moi agoviantes para min porque ademáis no verán tampouco hai liga. Pero os días que había partidos eran moi emocionantes para min. O primer partido o perdéramos, a miña cara estaba chea de bágoas. Despois os demáis, hata cuartos de final os gañábamos. Era o día de cuartos pasábamos, por primeira vez nas nosas vidas cun gol de David Villa. O de semifinal cun gol de Puyol de cabeza. Nos colocábamos en finales xa facíamos historia. Agora nos tocaba enfrentarnos aos holandeses. A pesar de todalas faltas que nos fixeran remataba a segunda parte e seguíamos empatados a ceros. Empeza a prórroga e Andrés Iniesta marca o gol definitivo do partido. De súpeto escóitase o pitido do silbato do árbitro. Por fin facíamos historia gañando o campeonato do mundo despois de haber estado intentándoo durante tantos anos e anos. Os meus ollos estaban a reventar de bágoas de emoción. Ese foi o mellor verán da miña vida.