22/09/10

CARTA DAS VACACIÓNS DE VERÁN

Aquí a praia dos Curas (Alicante).
As miñas vacacións de verán foron bastante entretidas, despois dun longo curso, a chegada delas, resultou ser moi relaxante.
O mes de xullo viaxei cos meus pais ata Alicante, estivemos 15 días no noso apartamento.
Alí disfrutamos moito do sol e da praia, aínda que, pasamos moita calor. O bó que ten Alicante son as augas quentes, porque, o que se refire a limpeza das rúas é penosa pola afluencia de turistas, nada que ver coa nosa cidade.

De volta de Alicante fixemos parada en León na casa dos meus avós, onde votamos unha semana.
Alí dediqueime a pasear cos amigos, a ir a piscina e tamén acudín a unha voda dunha prima do meu pai.
O mes de agosto regresei a Coruña, a verdade, é que fixo un bó mes e seguimos coa rutina da praia, os domingos íamos case sempre comer de campo (cousa que aos meus pais lles gusta moito), a mín tamén porque estas moito en contacto coa natureza.


E por último o que mais disfruitei, foi o fin de semana antes de comezar as clases. Viaxei a Sanxenxo, estiven no hotel Carlos I na praia do Silgar, foi emocionante. Nunca estivera nas rías baixas, son sorprendentes: as praias, a paisaxe, a comida (Que riqueza temos en galiza).
Praia do Silgar (Sanxenxo).
Verdadeiramente disfrutei moito, sobre todo, da piscina e o spa que tiña o hotel. Agora como me dín meus pais xa teño as pilas cargadas para afrontar o novo curso (eu non o teño tan claro), recoñezo que se vive moi ben nas vacacións.