30/09/10

O CASO MISTERIOSO


Eran as sete da mañá, Lidia e Xoán baixaban polas escadas en voz baixa, se lles vía un pouco nerviosos.
Eu dirixíame detras deles para ver o que facían, detivéronse diante da porta do soto, escondínme na adega para que non se decatansen de que os seguía. Abriron a porta botaron unha ollada ao redor e metéronse dentro.


Asomeime ata a porta, intentei abrila pero, foime imposible.
Dei a volta e cruzei a eira, metínme no alboio, collín a chave do soto e abrín a porta onde eles se ocultaban.
Entrei no cuarto, ao fondo escoitábanse uns murmullos e víase un forte resplandor, parecía o reflexo do lume dunha lareira.


Seguín ata onde estaba a luz, dende alí, podíase percibir o que acontecía naquel cuarto.
Lidia e Xoán estaban sentados ao redor da mesa, enriba dela había un libro entreaberto, era de ahí de onde viña aquela luz. Quedeime perplexa ao ver que o libro lles falaba, explicáballes as instrucións para poder chegar a un mundo máxico.
 Levantáronse, pecharon o libro e saíron pola bufarda. Asegureime de que marcharan, ollei pola venta e vinos cruzando ao redor do pombal, detivéronse no piorno e pasados uns minutos desaparezeron por detras da casa.


Senteime na mesa, abrín o libro e unha voz aguda saía do seu interior. A voz indicábame os pasos que debía seguir para transportarme a un mundo máxico, para iso tíven que resolver un quebracabezas, unha vez resolto, abriuse un enorme buraco no libro, unha forza interior levoume cara dentro. Estiven varios minutos (non sei cantos) dando voltas sen parar, e algo extraño recolleume. Foi fascinante ía montada nun unicornio, saltei grandes valados, cruizei océanos, visitei un país de seres diminutos e ata vín unha serea.
A verdade é que o libro era sorprendente.