30/09/10

Aquela escura noite.



Estaba alí, enfrente daquela casa da que tantas veces tiñanme falado. Tíñao todo planexado... Imaxinabame a casa, pero cando cheguei nada era igual.

Non sabía como entrar... Primeiro intentei pasar pola sebe, pero estaba moi alta, así que saltei o vello valado e encontreime frente a frentre con esa casa oscura, só ilumininada coa luz da miña linterna e a lúa.

Subín a escada, facían o típico barullo  que fan aos escalóns das peliculas de terror. A porta estaba pechada... Busquei coa linterna algo que me axudase a entrar e visualicei un alboio ao lado da casa. Baixei veloz e busquei algunha ferramenta, o único que atopei foi un martelo. Críame capaz de facer un burato naquela porta inestable. Dínlle un golpe seco e tirei un bo trozo a baixo que permitiume entrar...

 O primeiro que vín ao entrar foi un oscuro cuarto, de unha cor azul, creo.

Desliceime por todas as habitacións daquela casa en busca dalgunha pista. Debo recoñecer, que non tiña nin idea de onde estaba o libro...

Atopeime de repente nunha estraña lareira, con unha cheminea moi antiga que ameazaba caerse en calquer momento. No chan, vín unha nota: ''Non todo o que entra sae'' . Un escalofrío recorreo todo o meu corpo... Estaba asustado.

Subín ao faiado, asombreime ao entrar, con a cantidade de libros que había dentro. Estaba perdido. No fondo sabía que o ''meu'' libro non estaba con todos os demáis, era demasiado especial. ¿Pero... E se estaba?

Non sabía que facer, comezaba a desesperarme.. Asì que asomeime a bufarda e abrína... Escoitei un monton de cans ladrar e estrañoume xa que só tiña visto unha canceira rota fóra e por cerca non había casas..

Cando mirei polo ventá, vín un montón de luces... Dín un paso para atràs e tropeceime con un libro que estaba no chan aberto... Enseguida decateime.. Era o meu libro..Saín correndo da casa con el... Tiña que esconderme.