30/09/10

Cómo lle chamamos ao hórreo en Galicia?

Así é cómo os galegos lle chamamos ao hórreo polas diferentes zonas da nosa comunidade:

-Centro norte de Galicia (Ferrol, Valdoviño, Coruña...): hórreo ou hórrio.
-Noroeste da Coruña (Fisterra, Baio, Malpica...): cabazo.
-Norte de Lugo (Xove, Viveiro, Cospeito...): cabozo.
-Sur de Lugo (Monforte, Chantada, Sober...): canastro ou canasto, de forma máis pechada: cabeceiro, cabaceira ou cabeceira.
-Centro e nordeste de Ourense (Sagra, Celanova, Xinzo...): cabaceiro.
-Entre a ría de Vigo e o río Miño (Páramo, A Guarda, Porriño...): canizo.
-Salnés: piorno, máis no interior chámase cabana.
-Mozarro: paneira, orno ou órneo.
-Leste de Lugo (Ribadeo, Mondoñedo, Fonsagrada...): horro.