30/09/10

Encontraches o meu libro Maite?

Maite está vivindo coa súa parella nun piso que non lle gusta. Antes vivían nunha casa, pero o seu home quixo mudarse ó piso. Un día, el, pídelle a Maite que lle vaia buscar un libro á antiga casa, Maite alí encontra unha cousa do seu marido descoñecida para ela, e que o cambiará todo. 

Por qué el lle manda buscar ese libro a Maite? Por qué quixo cambiar de casa? Qué encontra Maite na antiga casa? 

Se queres saber qué pasou con Maite podes descubrilo aquí.



Maite está triste no seu novo piso, xa que lle gustaba moito máis a súa antiga casa, pero o seu marido quixo mercar o piso.

Un día, o seu home pídelle que vaia buscar un libro á antiga casa, xa que el tiña moito traballo. Por sorte, aínda ninguén mercara a casa.

Maite, nada máis chegar aló, ve unha carta para o seu home na caixa do correo, decide non lela, pero a garda no peto.

A sebe está descoidada, o catavento está tirado... Maite decide dar unha volta por alí, así, de paso, visita o alboio no que gastara tantas tardes limpándoo, tamén visita a canceira, onde antes tiñan un can.

Despois entra na casa e vai á adega, a ver se aínda quedaba algunha botella de viño para aproveitala.

Agora xa estaba disposta a buscar o libro e pensa que pode estar no faiado. As escadas rinchaban ao subir por elas. No faiado só entra a luz da bufarda que permite ver o pó que se levanta cando Maite entra.

Non encontrou nada, de súpeto, acórdase dunha cousa e vai correndo ao piorno, alí, ela gardaba nunha caixiña, as cartas que o seu home lle enviaba cando era xoven. E, por sorpresa, encontra o libro que buscaba. Dentro del hai unha carta para ela. Ábrea extranada e lea.

"Maite, perdoa por facerche perder o tempo buscando isto, pero tiña que facelo, sinto moito non poder dicircho antes, pero sería malo para ti. Non me intentes buscar, marchei e por desgraza, para sempre, xa é demasiado tarde. Pero non te preocupes, eu estarei ao teu lado sempre que penses en min, e volverei contigo todas as noites que me recordes, porque sei que sempre estarei vivo no teu corazón, ti es a miña estrela, a que iluminou toda a miña vida. Prométeme que non me esquecerás. Quérote Maite."

Maite aínda non o cría, tremíanlle as mans e xa tiña húmidos os ollos, pero antes de perder a calma, abre a outra carta. Nela explicaba que o seu home estaba metido nun chanchullo coas drogas e ían por el. Ao deixar o negocio por Maite, delatara ó resto da súa banda e denunciáraos á policía. El cambiou da casa ao piso, pero eles sabían ben onde vivía e o atoparon. Nesa carta poñía a ameaza dos seus ex-compañeiros dicindo que o ían matar.

Maite non daba creto ao que estaba lendo. E ao pensar que ao chegar á casa ía encontrar ao seu home morto, rompeu a chorar e parecía que se lle iba saír o corazón do peito, ata que ao fin, deixa de latir, desvaece no chan e di: "Agora sempre poderei estar contigo".