30/09/10

Na procura duns ruídos estraños.

Mirei pola xanela e a eira estaba toda nevada. Baixei ao can dar unha volta, porque encontrábame só e aburrido. Fomos dar un paseo arredor da casa, e as dúas, chamoume miña nai para ir xantar; deixei ao can na canceira e subín. Despois de xantar collín o balón para xogar o fútbol; escoitei uns ruídos que parecían vir do soto.

Tirei o balón a eira e púxenme a investigar; fun ao piorno e subín a escada con moito coidado e non había ninguén, fun ao alboio e alí volvín a escoitar os mesmos ruídos;pero dinme conta que eran do pombal porque había moitas pombas. Logo fun mirar a adega e non pasou nada.

Estaba tan tranquilo... e de repente oio algo que viña da sebe, remexín a sebe e encontrei a un gato que foi o responsable dos ruídos. Saltei o valado porque non tiña ganas de abrir a cancela, investiguei por fóra e non atopei nada. Cando ía volver pra dentro escoitei un ruído como se caera algo, fun correndo ao soto baixei as escaleiras con coidado de non caer.

Alí vin un libro bastante gordo no chan, coloqueino na estantería e descolocouse diante dos meus ollos! Resulta que era un libro de maxia. A partir daquel día empecei aprender todos os trucos para que algún día chegase a ser un bo mago.

                                             ___fin___