22/09/10

Carta verán

Querida amiga: estas vacacións foron bastante boas. Na Coruña fixo moi bo tempo e aproveitei para ir a praia. Pola semana ía ao Orzán e no fin de semana a Mera cos meus pais. Ao ir todos os días a praia case sempre estaba a mesma xente a xa a coñecías.

O 1 de agosto tiven o bautizo da miña prima Tania e o pasei bastante ben xogando cos meus primos. Ese mosmo día, pola noite, fun a ver o concerto de David Bisbal; que era na praia, pero donde eu estaba non se vía moito. Fun a ver a batalla naval, que é un espectáculo de fogos artificiais e varios grupos de música. Entre eles había un que se chamaba Face to Face e imitaban a Elvis e a Michael Jackson.

Tamén fun as festas do Burgo con unhas amigas e o pasamos moi ben. O 11 de setembro tiven a voda dun dos meus primos e o pasei xenial, bailei e me rin moitísimo; tanto que cheguei as 6 da mañá a casa.

O que foi xenial é que gañamos o mundial. O día da final o pasei en grande, o vin na miña casa cos meus pais, o meu irmán e a miña cuñada. Íamos todos coa bandeira pintada e a camiseta de España. Na miña casa pensábamos que ian ir a penaltis pero, na prorroga Iniesta marcou gol e deunos o primeiro mundial da nosa história. Despois fun con eles a fonte de catro camiños e nunca vira tanta xente de vermello. Foi xenial.
E este é o resumo do meu verán, espero ter a túa carta pronto.

Bicos.