22/09/10

Todo o verán de parranda con Panorama

Levaba todo o curso pasado esperando a que comezase o verán, e agora, case sen decatarme, xa comezáramos as clases. Qué pena! pero qué se lle vai facer?

Este verán, a parte de ser moi divertido e moi movidiño para min, tamén destacaría o feito de que a seleción española de fútbol gañou o mundial, paralizaron un país. E cómo non, a orquestra Panorama, a mellor! e á que con moito gusto seguín todas estás vacacións, este ano 2010 adícalle a última canción do primeiro pase ao mundial de fútbol ata o remate da xira 2010, que será o 31 de decembro. 

Aquí podes ver o vídeo que Panorama adica á seleción.

Eu, sen saír este verán de Galicia paseino moi ben de todos modos, xa que en Galicia hai cousas igual ou mellores que fóra dela, non fai falla saír moi lonxe para pasalo ben, xa que estamos no mellor lugar do mundo para descansar, divertirse, disfrutar e ir de troula. 

Agora, soamente nos queda a esperanza de pensar que só nos faltan 279 días para rematar este curso e que comeze de novo o verán.