22/09/10

Carta das vacacións do verán para o meu amigo Xoán de Río de Xaneiro.

Querido Xoán:

Alégrome de volver a escribirche, como xa sabes, comezamos novo curso. Pero antes vouche contar como me foron as vacacións do verán. Este ano case todos os días fun a praia a facer surf. E os días que non podía ir a praia saía cos meus amigos.

O mes de xullo estiven indo a praia de Bastiagueiro no Concello de Oleiros; é unha praia que me gusta moito, porque a auga soe estar quente. Ademais dispón dunha pista de tenis, que tamén xogaba moitos partidos nela.

No mes de agosto paseino todo no meu pobo, Malpica de Bergantiños un pobo pesqueiro e moi fermoso e coñecido como a vila da vida na Costa da Morte. Alí fun a praia, andei en bici, disfrutei dunha noite cine ao aire libre e de diferentes festas. O que teño que dicir sobre á praia de Malpica é que a auga está moi fría, pero un acabase acostumando. Recoméndoche que visites este pobo.

Olvidábaseme dicirche o momento de gran ledicia que pasamos o día que España gañou o mundial de fútbol.

Espero que ti tamén pasaras unhas boas vacacións, deseoche que teñas un bo curso.

Un saúdo.


                               _______________FERNANDO_______________