22/09/10

As miñas vacacións

Neste verán paseino moi ben, estuben casi todo o tempo no meu pobo (Pobra do Caramiñal), que porcerto encanteme. Fixeron moitos dias de calor e fun moito a unha rampa que esta ao lado dunha praia, a que xa non podo ir máis, porque os meus pais xa non me deixan ir xa que as veces ían uns rapaces que xogaban a tirar a xente desde arriba e un deles rompeu un pé cando o tiraron.

Fun a bastantes sitios, como por exemplo a unhas piscinas naturais que formaba un rio ao baixar da montaña. Alí paseino moi ben, ainda que tiven un pouco de medo cando me tirín desde unha pedra duns 7 ou 8 metros de alto a unha das piscinas.

Agora de estar acostumado a levantarme tarde costame moito despertarme para ir a clase, pero todo leve o seu tempo. Espero aprender moito este curso e pasarmo moi ben.