03/07/11

A primeira orquestra con cancións propias, cómo non, Panorama!

Isto xa se vía vir, xa que sempre lles gustou versionar as cancións. Tamén sempre foron os primeiros en innovar e darlle sempre ó mellor espectáculo ó público.

Aquí o primeiro tema que fixeron no 2009. É unha mestura entre reggeaton e merengue. Tivo e ten un éxito tremendo. Sempre a usaron como presentación cando comezan unha actuación, aínda que antes dela sempre tocan e fan algo co que deixar coa boca aberta á xente:

-Cómo está el panorama, e o remix desta que foi creado no 2010

A segunda canción xa foi algo máis movidiña e a presentaron na III gala contra o cancro do 2010. Este ano tócanna sempre no seu segundo pase:

-Dale al boom boom

O terceiro é un reggaeton que naceu este ano 2011, un temazo que tamén gusta moito e poñen ó final da actuación como fondo cando eles recollen todo para irse e cando a xente marcha para casa.

-Ya no me quiero enamorar

E o último tema de Panorama, unha cumbia, que aínda presentaron vai pouco. Nesta, a diferencia das outras, só cantan dúas persoas, este ano Lito e Dunia:

-Eres para mí

Pero isto non rematará aquí, Panorama nunca defrauda, seguirán creando temas novos e cada vez mellores. Polo que di Lito, no CD deste ano a maioría das cancións serán propias de Panorama. E preparádevos que xa pronto o rematarán.