03/07/11

Estamos contigo Lydia

O día 30 de xuño en Soandres-Laracha, Lydia, actual cantante da orquestra Panorama tivo un accidente na actuación. Eu enviéi a noticia a roxegar, o administrador de festa a festa, unha das páxinas web que visito diariamente. E el publicouna na web. Para velo só tedes que entrar no enlace de arriba.

MOITOS ÁNIMOS A LYDIA! que aínda que xa está ben, a botamos moito de menos. Por sorte, estas 3 semanas mentres Lydia descansa, Diana, ex cantante da Panorama, volve ós escenarios de novo. Eu xa tiña moitas gañas de volver a vela.

Panorama leva unha tempada terrible, primeiro a Lote lle poñen uns puntos na cella porque un borracho lle lanzou un vaso, despois Lito colle larinxitis aguda, despois pasou o do tráiler, logo Jurado rompe o tendón de Aquiles ao caer do aro nunha actuación, e agora Lydia cae da estrela. E todo isto entre o mes de agosto do ano pasado ata agora. Xa o dixo Jorge cando foi o do tráiler: "Parece que nos puxeron unha vela negra", e eu tamén penso que a envexa é moi mala. Esperemos que Panorama remate xa con esta mala racha dunha vez, porque non gañamos para disgustos nin os fans nin eles.