22/06/11

Xa é fin de curso.

Xa chegou a hora, despois de 9 meses e algo de clase, o IES Elviña pecha as súas portas. Dende que comenzou o curso pasaron un millón de cousas. 
Primeiro, a clase xa non era a mesma, fóronse e chegaron novos alumnos, fixemos novas amizades e a maioría madurou. Na miña clase todos os días pasaban cousas novas, aínda que non foran tan boas.
Algunhas das nenas ou nenos que apenas falaba ou xa non falaba directamente, agóra son persoas especiais para min.
Tamén estiven todo o curso sentada ao lado do meu compañeiro Iván, que aínda que sexa un pesado, quéroo moitísimo.
Durante todo o curso, estiven coa miña mellor amiga, Dana, que non está na miña clase, pero é o meu maior apoio. Quérote moito miña nena.
Podería falar marabillas doutras persoas, pero non teño moito tempo e quero ir directamente ao bo. Quero que saibades que vos quero.

O día 16, foi o festival de música do instituto. Todas as clases tocamos algo, menos os de primeiro, pero xa lles chegará a vez.

A mellor cousa que pasou ese día, a parte de que aprobara Natu, foi cando todos cantamos a canción do Mundial e a de Melendi. Parecía que todos eran amigos, que non había enfados, diferenzas que non existen.

Agóra acábase todo, e despois de 3 meses de vacacións, os que aprobamos pasamos de curso e ao mellor cambiamos de clase. Así que quero dicirlles aos de 2ª B que estivo moi ben estar ao voso lado e que vos quero moito.