02/05/11

Vestio

Este libro narra a historia dunha doutora chamada Eva García, que foi destinada a un remoto lugar chamado Viana das Veigas. 

Alí atópase cun cadáver, onde aparece un diario e unha carta, a partir dese suceso, lendo o diario a doutora vai descubrir as claves de estraños comportamentos e estraños acontecementos que non só se refiren os habitantes da vila, senón a ela mesma, ao seu marido e á súa filla desaparecida hai anos.

Pero ao paso do tempo o cadáver resulta ser alguén do que non se esperaba, pero o máis terrible e que tamén terá que enfrontarse a unha criatura moi rara chamada Vestio e que habita nunha pequena coba do bosque, pero ninguén sabe quen é nin que trama, tampouco que ao adentrarse na súa cova, non poderás saír de alí e a vida de Eva correrá perigo.

Recoméndovos a todos que leades esta novela, aínda que sexa un pouco enredada terávos intrigados ata o final.