Este libro relátanos a historia dunha xoven axente chamada Wendy Aquilar. A acción comeza a transcurrir cando a rapaza cumpre os 23 anos.
Cando Wendy e Roger Dueso inician o que ía ser unha noite normal de patrulla, Roger confésalle que está namorado doutra e ela síntese traicionada. Pouco despois reciben un aviso dun asesinato que os leva ata unha casa de luxo.
Aquí coménzanlle os problemas a Wendy, quen se deixa levar pola intuición e persegue a unha nena, chamada Mon, que se agochaba nas sombras da noite. Roger recibe a chamada desesperada de Wendy e non sabe interpretala, pero permítelle descubrir o segredo na casa de luxo que foi roubado. Na biblioteca había un museo clandestino cheo de pezas nazis, masóns e xudias. O que roubaron foi o Ollo de Deus, o símbolo dos Illuminati.
Recoméndovos ler esta novela a todos aqueles que lles atraia o xénero policíaco, por estar escrito a un ritmo trepidante. Vaivos deixar sen alento.
Conseguiu o XI Premio Bancaixa de Literatura Xuvenil.
Ligazóns: