11/05/11

O pintor do sombreiro de malvas.

Hai tempo no clube de lectura lemos esta novela e estivemos traballando un pouco sobre a vida dun pintor, puidemos ver as súas pinturas que ó longo do libro o autor ía describíndoas con moita precisión.


Durante a súa lectura amósanos a vida de Vicent Van Gogh en Auver, unha pequena vila próxima a París. Relatada a través dos ollos dun mozo parisino de dezaseis anos que chega á pequena vila para reconducir o seu camiño. Entre eles dous xurdirá unha relación de amizade. Na que os seus acontecementos veranse pintados sobre o lenzo.


Vouvos falar un pouco sobre a vida deste artista.


Autorretrato
Naceu o 30 de marzo de 1853 en Groot-Zundert e morreu o 29 de xullo de 1890 en Auvers-sur-Oise. Foi unha figura destacada no Posimpresionismo. Pouco antes de dedicarse a pintura foi mestre de francés, traballou nunha galería de arte, estudou teoloxía e foi un evanxelizador. O seu traballo produciuse en tan só 10 anos (unhas 900 pinturas e 1100 debuxos) ata que sucumbiu a súa doenza mental. 


A súa fama como pintor comezou a medrar despois da súa morte. Varias das pinturas deste pintor están entre as máis caras do mundo. A influencia de Van Gogh no expresionismofauvismo e os comezos do abstraccionismo foi enorme, e podese notar en moitos outros aspectos da arte do século XX. Actualmente existe un museo en Ámsterdam co seu nome onde se encontra todo o seu traballo.


Ligazón interesantes: