Este ano se adica o día das Letras Galegas a un escritor e poeta chamado Lois Pereiro. Naceu en Monforte de Lemos o 16 de febreiro de 1958 e faleceu en Coruña o 24 de maio de 1996.
Estudou no colexio dos Escolapios e comezou a escribir con 15 anos. Ao rematar COU marchou a Madrid, onde iniciou os estudos universitarios de Ciencias Políticas e Socioloxía.
Na capital española fundou a revista Loia con Antón Patiño, Manuel Rivas e co seu irmán Xosé Manuel Pereiro.
Durante 1983 e 1987 traballou como tradutor de alemán, francés e inglés de doblaxe de cine. Só publicou dous poemarios en vida Poemas 1981/1991 e Poesía última de amor e enfermidade.
Tiña un cúmulo de enfermidades entre elas sida e insuficiencia hepática, aínda que a causa da súa morte foi unha intoxicación.