05/04/11

Memorias dun neno labrego


O escritor galego Xosé Neira Vilas, naceu en Gres, Vila de Cruces, o 3 de novembro de 1928,


Fillo de labregos, estudou comercio por correspondencia. No ano 1949 emigrou a Arxentina e entra en contacto con galeguistas como Luís Seoane, Rafael Dieste, entre outros .. mais tarde en 1961 marcha a Cuba coa súa dona.

Logo de trinta e un anos na illa caribeña , regresan a Galicia en 1994 para viviren en Gres onde dirixen a Fundación Xosé Neira Vilas e continúan coa labor cultural e periodístico.


Inspirouse na súa infancia para escribir o libro ``Memorias dun neno labrego´´

Memorias dun neno labrego é o libro máis lido da literatura galega. Tanto coma as outras obras anteriores falan do mundo rural e a emigración.
Foi escrita en 1960. Nela pretendía contar como era o estilo de vida nos anos corenta dun rapaz labrego de doce ou trece anos nunha aldea galega.