Típico do entroido en Galicia son os Cigarróns que son personaxes enmascardos e moi adornados, este personaxe é de Verín. En Laza hai os chamados Peliqueiros: non falan , levan chocas coma os animais, péganlle á xente e levántanlle a saia ás mulleres. Os Correos e outro personaxe do entroido, vai polas casas ofrecendo cantar a cambio dunha doazón.
Os disfraces foron moi variados, no que consistía era a volta ao mundo ó revés. Por iso os homes vestíanse de mulleres e as mulleres de homes. Tamén vestíanse de curas ou monxas. E os que non tiñan disfraces poñíanse a roupa ao revés.
No entroido dise que hai que beber e comer ata o límite. A comida típica nestas festas é moi variada.
As orellas son un postre moi famoso aquí en Galicia e din que para que teñan mellor sabor teñen que quedar un pouquiño hinchadas, botarlles azúcar por riba ao sacalas da sartén e comelas un pouco frías. Se algún día queredes probar a cociñalas aquí déixovos unha ligazón coa receita.
O coucido galego non pode faltar nas nosas mesas no entroido para o meu gusto está riquísimo os que nunca o probaron aconséllovos que o probedes. Aquí déixovos a receita.