07/03/11

Carta a Marta GH.

Estimada Marta:

Son unha rapaza do IES Elviña, na Coruña. Escríbote porque estiven vendo Gran Hermano. E escoitei todo o que estiveches falando coa outra moza sobre o galego. Non me acabou de convencer toda esa conversa pero houbo unha cousa que comentaches que me chamou bastante a atención.

Dixeches que as mozas cando coñecían a un mozo moi guapo, se el falaba galego xa lle tiraba moito para atrás. Paréceme unha tontería. Porque eu, hai pouco, fun á neve a Jaca. Tivemos que ir no bus cuns rapaces de Curtis e alí falan galego. E pódoche asegurar que os había guapos, falaban galego e daba moito gusto estar con eles porque eran do máis simpáticos e encantadores. Espero que penses no que dixeches porque paréceme bastante absurdo. 

Un saúdo.