08/03/11

Non hai que ter medo! menos nestes casos

Existen milleiros de medos, eu recollín só uns cantos ós que eu persoalmente llelo teño.


Á MORTE

Non é fácil de superar, de feito, fáiseme imposible. Xa que tras dela non hai volta atrás, e significa que todo remata.






Creo que dende que nacín lle teño medo, pero non me causou problemas, senón que axudoume a pensar no que son, que hoxe estou aquí e mañá alá, e tamén ensinoume a coidar máis de min mesma.

Non penso facer nada para vencelo, xa que non me causa ningún problema.

O medo á morte tamén acolle o de perder algún ser querido, pois todos precisamos de todos e máis de quen queremos. E neste caso si que me causa un problea cada vez que penso en que sería de min sen esas persoas.
Non fixen nada por intentar vencelo, porque, aínda que non causa felicidade, axúdame a ser mellor persoa.

Ó OLVIDO

Non soporto que alguén se esqueza de algo ou de alguén, xa que o recordo axúdanos a crecer como persoas: os recordos malos serven para non volver cometer eses erros, e os bos para lembrar todo o felices que fomos. Este medo naceu en min cando sentía que algunhas persoas, ás veces, se esquecían de min.

A QUEDAR MAL

Causoume moitos problemas cando quería dicir ou facer algo, porque tiña medo de que o que ía dicir ou facer non fose adecuado. Para vencelo intentei ser máis aberta e pensar que non lle vou dicir nada malo a ninguén, pero se el quere pensar outra cousa, pois el verá, o problema é del.

A NON CONSEGUIR O QUE TE PROPÓS 

Téñolle medo dende que comecei a tomar decisións importantes. Supúxome un problema cando pensaba que non ía conseguilo aínda que ó final o conseguise.
Non fixen nada por intentar vencelo, xa que creo que conservalo sería coma un estímulo para loitar por conseguir o que te propós.

Á SOIDADE

Creo que este é un dos peores e máis temidos, xa que a ninguén lle gustaría quedar só, porque somos unha cadea e todos vivimos de todos.




Penso que unha persoa, igual que soños, ten que ter medos porque son unha das cousas que no fan persoas. Nesta vida sempre hai que ter unha ilusión ou soño, alguén a quen querer e fé.