En que traballa miña nai? Eu pensaba que vendía cosméticos polas casas pero se así fose iría ben pintada e non como unha porta. Entón, que esconde?
Ela nunca saira de España, ou iso pensaba eu, pero sorprendeume que soubera falar en italiano cando escoiteina falar polo móbil. Ahí comezei a desconfiar.
Cando veu Xoán a estudar comezamos a remexer nos caixóns. Despois de moito buscar, no fondo dun caixón, atopamos un maletín.
Era negro e tiña resaltadas as letras "CN". Oh! Non o podíamos abrir, tiña un contrasinal. Puxen a data do meu aniversario, e nada. Logo intenteino ca do meu pai, e tampouco. O meu deus, non o daba aberto! Pero niso acordeime da data na que mercamos a Tobi. E funfionou. Parece mentira que miña nai prefira ao can antes ca meu pai e a min. Xa lle vale.
O abrimos e... paf! Atopamos moitos documentos, entre eles un pasaporte dunha muller. Fixeime na foto e... era a miña nai cunha perruca loura.