14/02/11

Unha boa maneira de celebrar o día dos namorados.

Centón: Día de San Valentín

Sobre este mal de amores que falamos
nada no amor perdura eternamente
nin todo o amor calma o que sufrimos.

O meu verde co teu azul.
Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.

Teño queixo con furadiños nos pulmóns
teño chícharos insomnes entre as costelas
teño un virus publicitario de autoestima
teño instintos que me psicanalizan
teño sorte... de que me teñas.

Hai veces que sendo feliz,
estando triste,
agardo que volvas,
que regreses a estas mans e a esta voz,
que regreses a este corpo
con tantas indecisións e madrugadas.

       
Anímate e fai ti tamén un centón para celebrar este día.