14/02/11

Poesía de San Valentín


Unha música morna que non dá interrompido,
estou no medio do soño dos pexegos
e síntome completamente feliz.

Este lume latoso que nos rube con escándalo,
polos rizos naturais.
O meu verde co teu azul,
delirio de ramas.

A distancia,
sei que pode reducirse coa estratexia.
Teño mentiras amarradas á traquea,
a enfermidade que cito.
 Teño sorte... de que me teñas,
porque amar non é delito.

E proclamar que podo facer versos,
as metáforas foxen destas liñas.
Sachalas a destempo, desfacelas,
partilas en anacos, derramalas.

Sen dúbida,
estando triste,
ás veces digo amor.
Medido polo espasmo do reloxe,
falábasme do amor do noso selo,
da lúa negra.

As sílabas supremas,
cargando a negra sombra.
Teño mans de labrega e só sei certo,
que regreses a estas mans e a esta voz,
que ansiabas de entre o amor o máis sinxelo.

-Recollido das poesías de:

Yolanda Castaño, María do Cebreiro, Estevo Creus, María Lado, Miro Villar, Marta Dacosta, Cristal Méndez Ferrín, Cristal Méndez Queizán, Rafa Villar, Pilar Pallarés e Modesto Fraga.