Cando empecei a ler este libro, non me tiña boa impresión, pero xa cando me metera na historia estaba cada vez máis entretido.
Divídese en tres relatos.
Nel relátase o regreso de Lanzarote por Pentecoste á corte do Rei Artur en Caerleón, despois dun ano de aventuras. Polo camiño, recorda como se preparou para ser un cabaleiro da Táboa Redonda. Cando Artur entérase que a raíña Xenebra lle corresponde, emprende a súa fuxida da corte. Tamén recorda como un xigante galés, ao que matou, pintoulle nun pesadelo un retrato do rei que lle transmitía crueldad. Pero Merlín dille que o rei non transmite crueldad, se non paz e que espera a Lanzarote admirado pola súa valentía. Entón aclara as súas dudas e segue o seu camiño de regreso.
«Amor de Merlín».
Nel relátase a historia de Nimue, a muller da corte do rei Pellinor, que está destinada a encher de paixón a longa vida do mago. É un amor non correspondido, ela só busca nel as artes de maxia. Por iso, cando el lle descobre todos os prodixios e incluso aqueles que non debía revelar coma os feitizos que non teñen antídotos e que unha vez realizados son irremediables e definitivos, ela déixao preso nunha rocha.
O mago Lagoo tiña discutido con Merlín acerca dese amor ridículo,
segundo o que el pensaba. Un pouco máis tarde descubre que na rocha só quedara atrapada o eco da voz de Merlín. Nimue pronto renuncia as artes máxicas e enamórase de Pelleas, un cabaleiro da Táboa Redonda.
«A morte do Rei Artur».
No final, quedeime con moita intriga, porque ninguén atopou o corpo sen vida de Artur. A onde iría parar? Volvera?
Recomendo este libro a todos aqueles que lles guste a historia.
Preme aquí para obter información sobre o autor.