Lazarus Jahn é un fabricante de xoguetes que vive nunha mansión perdida na oscuridade, cando fora neno vivira unha triste infancia sen xoguetes. El vivía nun pobo moi pobre de Paris, sempre soñaba con Danniel Hoffmann que era un rico fabricante de xoguetes. Un día a nai de Lazarus, o encerrou no seu cuarto xusto cando fora a explosión da fábrica de xoguetes, que acabou destruíndo todo o pobo.
Na oscuridade da habitación, aparecéuselle Danniel que lle preguntou se quería ser o seu herdeiro na fábrica de xoguetes, xurandolle que solo viviría para os xoguetes. Lazarus aceptou e sobreviviu a explosión, pero todos o deron por morto. Pero anos despois, Lazarus converteuse nun fabricante exitoso e coñeceu a unha fermosa herdeira, casáronse e viñeron os problemas. Unha sombra a persigue ata matala.
Despois duns anos uns nenos chamados: Irene, Simone, Dorian e a súa nai foron a vivir alí, xa que a nai encontrara traballo de secretaria do señor Lazarus. Alí tamén traballaba Hannane, outra secretaria de Lazarus ca que entablan unha estupenda amistade. Unha noite Hannane, despértase debido a uns ruidos procedidos dunha habitación deshabitada, alí ocorren casos moi terroríficos, nos que, finalmente acaba morta. Pero despois da súa morte empezarán a investigar sobre a fábrica e Lazarus.
Así descubrirán todos os feitos que envolven ese misterio, se vos gusta a trama, o suspense e o medo, esta é a novela axeitada.