14/12/10

Normal-diferente.

Este foi o primeiro libro que lín, no que un dos seus protagonistas é homosexual. Nas primeiras páxinas non se conta nada da súa homosexualidade e isto fixo que cada vez tivese máis ganas de ler.
A historia trata, sobre Vera, unha rapaza que está namorada de Jan, un compañeiro do mesmo instituto. Ela intenta achegarselle, e pasar todo o tempo posible xuntos. Un día decide dicirlle o que sente por él, pero a resposta , seguramente, non é a que ela pensaba escoitar nin a máis cotiá para moitos de nós;Jan dixolle que tamén a quería pero só como unha amiga, porque era homosexual.

Ela aceptou a súa condición sexual, decisión que seguramente moitos de nós non aceptariamos e deixaríamos a esa persoa de lado por moito que a quixeramos dunha maneira ou doutra, porque se nós estamos namorados dunha persoa e enteramonos de que é homoxesual aí imos demostrar se realmente a queremos ou non, porque se a deixamos de lado significara que non a queremos tanto como pensabamos, porque senón aceptaríamos como é e o que a ela lle gusta.

Na vida non sempre se pode conseguir todo o que se quere, as veces hai que deixar pasar as cousas porque a persoa a que tí queres non é a persoa axeitada ou simplemente porque non sempre é correspondido ese amor, por diferentes razón. Neste caso a razón é a homosexualidade, condición sexual que cada vez é máis abundante, e coa cal moita xente non está de acordo, e ten desprezos, feitos de violencia...
Moita xente homosexual ten medo a dicilo, polo que os seus amigos poidan dicir ou pensar. Porque moita xente tacha aos homosexuais coma a úns bichos raros que non queren nin que se lles acerquen, e están moi equivocados, porque seguramente sexan moito máis bos e moito mellores persoas que a xente que pensa iso deles.