Un sábado pola noite, por desgraza había tormenta. Estabamos meus primos e máis eu na miña habitación da aldea a escuras contanto historias de terror. Os nosos pais estaban cenando na cociña ata que se nos ocurriu ir a unha casa abandonada que estaba moi preto da nosa casa. Pero nos decatamos dunha cousa, os nosos pais non nos ían deixar ir a esas horas e aínda por riba estaba chovendo.
Nós marchamos da habitación e fomos avisar ós nosos pais que íamos a xogar un pouco no garaxe, cousa que era unha trola, máis ou menos ata as 12 da noite. Tiñamos exactamente dúas horas para ir a investigar a esa casa.
Saímos do garaxe Alberto, meu primo, levaba unha lanterna na man para que puidésemos ver o camiño.
Xa divisábamos a casa. Pero tiñamos un pequeno problema, para poder entrar na casa tiñamos que saltar o valado. O conseguimos e xa estabamos no terreo da casa. Vimos unha canceira e decidimos observala por se tiña algo raro. Como era bastante grande asomeime pero non había nada. Fomos ata o piorno, para entrar había que subir por unha escada. Entramos, pero só vimos unha cadeira vella e rota. Entón saímos. Eu propuxen entrar agora na casa porque por fóra non había nada máis. Detivémonos uns instantes porque meu primo observou un catavento enriba da cheminea que sinalaba a bufarda do faiado. Entramos primeiro no soto para ver se por alí había algo sospeitoso que tivese que ver co libro encantado do que os nosos pais nos estiveran falando un bo anaco.
No soto nada mais había ferramentas vellas e oxidadas e un gato negro que había entrado pola xanela. Deunos un pouco de medo, entón fomos aos cuartos. Nun deles, estaba a estructura dunha cama e o colchón tirado no chan, non lle dimos moita importancia, asi que fomos visitar o segundo e último cuarto da casa. Alí estaba todo vacío e escuro, non había nada. Marchamos dese cuarto e pensamos en subir ó fallado pero Alberto decatouse de que eran as doce menos cinco e tivemos que correr para a casa e para que os nosos pais non nos pillasen.
"Mañá volvemos" - dixen eu. E mañá a ver se encontramos o libro máxico.