01/10/10

Xuntos eternamente

Onte Carla e os seus amigos estaban no patio do instituto disfrutando do bo día que facía.
De repente, Carlos, o mozo de Carla, dixo que, o domingo, escoitou falar dunha lenda que decía que na casa abandonada, que hai nas aforas do pobo, no seu interior garda un libro máxico que agocha un gran segredo.

Darío, que é moi aventureiro, decidiu ir a destapar ese gran segredo.
Carlos estaba disposto pero Carla tiña medo do que poidera pasar alí dentro naquela casa oscura e terrorífica.
Carlos combenceuna decindolle que o que podía pasar alí non importaba que eles estarían sempre xuntos e unidos. Entón, xa todos combencidos, emprenderon a marcha.

Ian de camiño a casa cando empezou a oscuerecer e tamén a chover e iso non era o peor de todo, o camiño que vai dar a casa era de terra e non se daba camiñado en condicións.
Xa no caron da casa abandonada, había un valado o cal  tiveron que saltar.
Despois de saltalo viron como se fose unha sombra movendose na bufarda.
Acercaronse ao caron da porta e abrirona pouco a pouco. Diante da porta da entrada había outra porta que detrás dela oiase os berros dunha muller. Abriron esa porta e os berros eran cada vez máis fortes.
Era moi estrano os berros viñan dun libro que debía ser o gran libro máxico. Carlos colleu a tapa do libro, abriuno e de repente tragounos a todos no seu interior.
Era ben certo o que dicía Carlos "xuntos eternamente".