02/10/10

Matraca Perversa

Matraca Perversa naceu para incordiar, molestar aos poderosos, denunciar as inxustizas sociais, o caciquismo, para chuspirlle na cara ao fascismo… a Matraca é unha parte mais dun colectivo social nacido entre A Estrada e os barrios populares de Vite, Vista Alegre, Caranza e que ante todo fai unha música para festexar, para pasalo ben e para reivindicar unha cultura.

Como moitos outros grandes proxectos, Matraca Perversa nace nun bar. A cidade de Santiago de Compostela sirveu de escenario para que Iago, Marcos e Sevi xuntaran forzas cun grupo de músicos de Santiago e A Estrada para daren lugar a unha primeira formación da Matraca Perversa no ano 2002, a cal gravaría o primeiro CD da Banda titulado “Mass Circus Media”.

Pinchade aquí para escoitar o grupo.
e aquí para outra canción.

Máis información sobre Matraca Perversa.