13/10/10

Vila Carmina

A tarde de verán xa se despedía e comezaba a anoitear. A xeada das tardes do mes de agosto facían que o campo estivera mollado. Susana e Xulia ían camiñando por unha rúa do seu pobo. Todos alí falaban da famosa lenda de Vila Carmina, unha casa abandoada dende facía xa moitos anos.
A lenda dicía que se entrabas naquela casa quedarías atrapado alí para sempre, a non ser que atoparas o libro máxico de feitizos.






Elas como eran moi atrevidas e pensaban que era unha parvada decidiron ir a ver como era aquela casa.
Ao final da rúa podíase observar unha cancela algo rota polo paso dos anos.

Susana- Xulia, porqué non nos damos xa a volta? Que queres encontrar naquela casa?
Xulia- Eu non pensaba que eras tan cagainas. Veña vamos!

Ao redor do ponbal viase uns corvos. Elas saltaron a sebe e adentráronse no xardin da casa. A porta principal estaba pechada e foron pola parte de atras. A porta chirrió, entraron e cheiraron un forte olor a humidade. Aquela porta ía dar ao soto, todo aquilo estaba cheo de teas de araña.

Susana- Xa basta. Eu me vou.
Xulia- Veña vale ímos.
Susana- A porta non abre. Xulia, non abre!
Xulia- Como non vai a abrir trosma. E verdade non abre.
Susana- Hai que facer algo, temos que sair de aquí.
Xulia- Subamos pola escaleira haber a onde saímo.

Xulia e Susana foron a dar a unha habitación cunhas mesas e unha lareira. Alí as ventás estaban pechadas. A desesperación aumentaba. Elas buscaron por toda a casa pero non había saída.
De súpeto oiron unhas voces. Unha gargallada xeoulles o sangue. A voz dicíalles que nunca sairían da casa. Presas do pánico botaron a correr escaleiras abaixo. Dun armario saíu unha especie de pantasma.

Xulia- Susi, Susi corre. Susi onde estas?

Susi había desaparecido. Xulia xa non sabía que facer. Por unha ventá, ao lexos, viu na eira a Susi, Carlos e Xoán. Os seus amigos de sempre. Eles non paraban de rir. As portas xa estaban abertas. Xulia saiu e foi a por eles.

Xulia- Eh, vos os tres. Como me facedes isto? Por pouco morro co medo aí dentro.
Carlos- Pero ti non eras a valente?