07/10/10

SACHA NA HORTA " TEMOS MOITO QUE SACHAR "

Sacha na Horta é un grupo de mulleres que naceu unha noite de festa entre as hortas de Compostela.
Sorprendidas pola música e o alcol deciden probar os efectos fertilizantes do licor de café e das mellores sementes plantaron os repolos máis extraordinarios que deu a terra.
Como a noite é moi longa preparáronse para  A Polo Ghit 2007, e triunfaron .
Estrearonse en xaneiro de 2008 no Centro Social A Gentalha de Pinchel de Compostela.
Despois de todo, nunca deixarán de bailar porque se as mulleres paran, o mundo para.
Se queredes ver a súa canción  premede aquí.