07/10/10

Guezos-Oito destinos

Guezos naceu en 1999 na cidade de Ourense, como proxecto de grupo musical tadicional.
O seu primeiro traballo aparece un ano despóis en forma de maqueta, un traballo de corte tradicional con sons moi acústicos do que se chegarían a vender máis de 1.000 copias. Con esta maqueta xa na rúa Guezos lánzase ó directo.
Despois de varios cambios na formación inicial a banda grava o seu segundo traballo en 2004, Terradentro".
O 2006 foi un ano importante para a banda, que contou co apoio dun público que fixo do seu tema "A das Festas" o máis votado no concurso da RTVG "A Polo Ghit".
No 2009 saca novo traballo, "Oito destinos"
Este traballo de Guezos, foi gravado nos  de Vigo coa producción de Pedro feijoó na Primavera de 2009. Cada unha das oito cancións que compoñen o disco é unha viaxe musical distinta.
Coñecemos o punto de partida pero nunca o de chegada, que será sempre unha sorpresa sonora.
Oito destinos tamén é o traballo de oito persoas altamente implicadas durante máis dun ano de composición, ensaio e gravación.