17/10/10

Os Cogomelos

Os Cogomelos (fungo plucicelular) foron durante séculos para moitos algo descoñecido. É de destacar a práctica inexistente de recollida de cogomelos en galiza, incluso nalgúns pobos, reciben nomes despectivos e xenéricos, nas provincias de Lugo e Ourense principalmente, onde se lles denomina:
-Abezó, alborelle, balouro, carrote, cazafella, cochote, cogaxa, cronguio, choupano, falopo, fulgueiros de raposo (medra na raíz dos toxos), gurumelo, parrachos, patela de mel, potricos, pucho de sapo, toupelo e roquiño.
Hoxe en día o número de fieis chapantes poden gozar da calidade e variedade dos fungos comestibles da nosa terra, tal e como o levan facendo dende hai miles de anos esquíos, xabarís, teixugos, porcos, lesmas, raposos, coellos e cervos. Os cogomelos conteñen ata un 90% de auga, glícidos, lípidos, proteínas, ácido fosfórico, sales minerais, vitaminas (A, D, B1, B2, PP, C, no caso do Cantharellus cibarius), fibra e outros oligoelementos.
         -PARA O CONSUMO DOS COGOMELOS DÉBESE TER EN CONTA ESTAS NORMAS:
  • Usar cestos para gardalos. Nas bolsas de plástico esmorecen pronto, poden levedar e ser a causa dunha intoxicación. Antes de ir ó monte a por eles deberíase facer un curso de iniciación á micoloxía(ciencia que se ocupa do estudo dos fungos) ou apuntarse a unha das saídas que organizan as asociacións micolóxicas de Galiza.
  • Para atopalos pódese empregar un pao, remexendo o mínimo na terra que os rodea para non danar o micelio. Nunca se pode empregar o angazo para recollelas, débese respectar o entorno.