18/10/10

A Lagoa da Serpe de Pena Trevinca (RITOS , OBXECTOS E OPERACIÓNS MÁXICAS)

A Lagoa da Serpe está na serra de Pena Trevinca, no concello de A Veiga (Ourense).
Como moitas outras lendas, dise que alí vivía unha enorme serpe que nas noites de lúa chea se transformaba nunha fermosa moza que pedía aos mozos que pasaban por alí que a desencantasen.
Ela estaba especialmente fermosa pola mañá cedo do día de San Xoán, acomodada sobre unha rocha a carón da lagoa, peiteabase o pelo, que era de cor do acibeche.
Alí agardaba o valente mozo que a viñera desencantar.
Hai moitos anos xa o intentara un rapaz da aldea de Xares pero fracasou.
A moza explicaralle que fora a mañá cedo, alí a veria en figura de serpe.
E cando se aproximara a ela tiña que escupirlle dentro da boca, para así volver ser unha rapaza.
Lémbroulle que se o facía ben, casarían e vivirían con moitas riquezas toda a vida.
Chegou a hora e todo pasou tal e como dixera a moza encantada; case todo, pois o mozo ao ver a enorme serpe, púsoxelle un nó na gorxa e fuxiu coma un covarde.
Hai outra versión, que di que un mozo do lugar de Ponte, tamén o intentou, e que o fixo ben, casaron e xa non se pode ver a moza por alí.
De calquera maneira, a Lagoa da Serpe segue sendo moi perigosa. Dise que quen bebe daquela auga, morre, e se nos metemos dentro dela xa non hai maneira de saír.

-Se queredes saber máis información premede aquí.