A noite do 31 de outubro celébrase o Samaín, festa de orixe celta onde os mortos visitan o mundo dos vivos. Se queres saber o básico sobre esta festa pon atención:
O Samaín non é o mesmo que o Halloween aínda que o pareza, xa que o samaín lévase celebrando dende moito antes có Halloween. Este dato non o tíñamos moi presente porque o Halloween está máis extendido e é máis popular, aínda que agora o Samaín estase impoñendo ante esta americana celebración en moitos sitios europeos.
Din que este día é o máis perigoso de todos, xa que as ánimas e pantasmas errantes chegan do outro mundo para axustar contas cos vivos. Para afastar estes molestos seres da ultratumba soen poñerse cabazas iluminadas con forma de caveira. Na antigüidade poñían colgando das paredes das casas as caveiras dos seus inimigos.
Para facer unha cabaza de Samaín:
Debes facer un burato na parte superior da cabaza. Despois, con coidado, saca cunha culler a pulpa. Logo, cun coitelo fai a forma dos ollos, do nariz e da boca. Cando xa teñan todo isto feito, mete unha candea no interior e tapa a cabaza co trozo que xa lle quitaras.
Despois desta festa, o día 1 de novembro é día de todos os santos.Feliz Samaín!