24/10/10

A Fonte da Nena

A Fonte da Nena está en Buxío, na parroquia de San Estevo de Parga do concello de Guitiriz, en Lugo.
Na historia, cóntase a orixe do nome da fonte.

Vivían, próximo a fonte, o pai e a nena chamada Raquel. Vivían moi tristes, xa que a nai morrera. Todo era moi diferente dende que a nai non estaba con eles e nesa casa só era fame e miseria.
Un día, o pai lle dixo a nena, que fora á fonte a coller auga. A nena foi. Cando xa estaba a piques de marchar da fonte, diante dela había unha muller que abriu a man e lle deu moedas.
Agora, sempre cá nena ía a coller auga, encontrábase con esa muller e sempre lle daba moedas.
O pai, quixo saber de onde viñan aqueles cartos e Raquel contoulle detalladamente o que pasa cando ela vai a por auga na fonte. Dende que a nena contáralle iso ao pai, nunca xamais volveu a aparecer aquela señora da fonte. Aquela muller tiña que ser o espirítu da nai, por iso cando soubo que a descubriran, deixou de aparecer.