Achégase o Samaín que é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo, que chegou a Estados Unidos polos emigrantes irlandeses que comparten cos galegos os antepasados celtas, e que a converteron nun carnaval outonal.
Xa antigamente nalgúns puntos da nosa xeografía (Noia, Riotorto, Cedeira, Muxía,Sanxenxo, Quiroga...)
lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.
O Samaín era a noite máis perigosa do ano:
As portas do outro mundo abríanse, as ánimas saían a visitar este mundo para render contas pendentes, todos agardaban con medo a súa chegada.
Tanto o Halloween coma o Samaín son vestixios (restos que quedan de algo pasado) similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e ancestrais (Relativo ós antepasados), que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico. A cabaza é un elemento moi importante desta festa, nela represéntanse caras aterradoras que nos convidan a celebrar o día dos defuntos.
Tanto o Halloween coma o Samaín son vestixios (restos que quedan de algo pasado) similares que arrancan das máis fondas raíces culturais e ancestrais (Relativo ós antepasados), que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico. A cabaza é un elemento moi importante desta festa, nela represéntanse caras aterradoras que nos convidan a celebrar o día dos defuntos.
Xa antigamente nalgúns puntos da nosa xeografía (Noia, Riotorto, Cedeira, Muxía,Sanxenxo, Quiroga...)
lembran que tamén era habitual por Defuntos coller cabazas, tallarlles unhas caras feroces, poñerlles un pauciños coma dentes e deixalas nos camiños para asustar ós viandantes.
Se queres pasar medo non se che ocurra faltar pois verás moitas cabazas e ós nenos pequenos berrar. E tende especial coidado na noite coas ánimas que a túa porta poden petar, pero, nunca esquezades, que medo temos que terlle aos vivos, non aos mortos, feliz Samaín!!!!!!
-Aquí vos deixo un vídeo do SAMAÍN.