Samaín, é unha palabra gaélica, significa fin do verán e principio do inverno.
Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ó 1 de novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, dándolle á xente a posibilidade de citarse cos seus antepasados mortos. Podíanse tocar, palpar e ata se podían traspasar aos corpos dos mortos.
Nesas horas abríanse as portas entre este mundo e o máis alá e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo tantas veces como queiran para render contas inacabadas.

As cabazas atopámolas en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense, etc.
Hai dous anos eu tiven que facer unha para un concurso de cabazas do colexio, deixovos unha foto á dereita, tamén me apuntei a outro de internet. Non gañei o premio en ningún dos dous, pero fíxena bastante ben.
Instrucións (Por se queredes intentalo)
Para tallar unha cabaza hai que baleirar toda a pulpa e cun coitelo ou unha ferramenta cortante fanse as incisións para realizar os ollos, o nariz e a boca. No seu interior colócase unha candea para que pareza cobrar vida e adquire un aspecto un tanto terrorífico. Anímovos a que fagades unha, é moi entretido. Deixovos un vídeo, que vos pode dar algunhas ideas. Se a facedes, apuntádevos ao concurso de internet que vos deixei arriba; a ver se tedes sorte.

Certas comunidades progresistas de EE.UU celebran estas datas co nome de Samaín e non de Halloween. Por exemplo: En Irlanda chaman Samaín á gran festa celta do Aninovo.
Para máis información sobre o Samaín preme aquí.