25/10/10

O samaín



O samaín significa, fin do verán, principio do inverno. Celébrase especialmente na noite do 31 de outubro ao 1 de novembro.

É a noite máis perigosa do ano, pois hai unha mestura entre o mundo dos vivos e dos mortos. Os crentes, para espantar aos mortos, colocaban cabazas fóra das casas.

O samaín recórdanos a películas de terror, e que os pantasmas veñen dende o máis aló en busca de vinganza.

O 1 de novembro era o ano novo celta que se iciaba co tempo no que se cambiaba de estación. Coa chegada do cristianismo pensaban que os celtas adoraban ao diablo, e a maneira de converter aos celtas ao cristianismo era adoptando o seu festival. Así o samaín convertíuse no día de todos os santos.

Correxida.