06/10/10

GALEGOZ

O proxecto Galegóz e un grupo de rap que naceu a finais do 2005 como un experimento de membros do Colectivo Perverso para formar un grupo virtual que fusionara diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo.
En febreiro do 2006 produciron o primeiro single "Galician chimpanzee"
A banda está formada por uns dos mellores musicos procedentes dalgunhas das mellores bandas do panorama musical galego ;Xenreira, Nenos da revolta, Matraca Perversa, Jarbanzo Negro, Diplomáticos de Monte-alto, Mutantes Metálicos Band, A Compañía do ruído, etc.
A banda Galegoz está formada por: Marcos Payno o cantante ,Denís Mutante o cantante, Pulpiño Viascón (batería, percusións e voz), Manuel Payno (trompeta e coros), Alex Salgueiro (frauta traveseira e teclado), Tómás Ruido (Técnico de son ) e Matías Olazábal (guitarrista),ademáis das colaboracións de membros do Colectivo Perverso.Aquí os enseño unha paxina da letra de todos os discos do grupo Galegóz, premede aquí si o queredes ver