06/10/10

Esquios unha banda que quedará para a posteridade

Esquios xúntanse a finais do ano 2005 en A Estrada (Pontevedra), sendo os membros fundadores:

Jorge Rodriguez ---- guitarra e coros 
 Pedro Dono ---- baixo e coros
Jorge Iglesias ---- batería
Fidel Castro ---- voz. 

Comezaron a dar concertos pola zona e gravaron duas maquetas en 6 meses dende a súa formación.

A finais do ano 2006 entraron no estudio Phonos e gravaron o seu primeiro CD, que autoeditaron con "Autoeditados Distribución" que o vende e distribue en todo o estado, os 12 temas propios, dous de eles en galego. O tema "Arden os montes" (que por certo, a nós gustounos moito).

 Seguiron tocando por Galicia presentando o CD. Quedaron terceiros no concurso Musicodromo organizado polo Pub Ardora

Aquí deixamos a súa páxina onde hai vídeos, fotos, información sobre o grupo, etc.