23/09/10

A MIÑA VIAXE

Noja (Cantabria)
Achegábase o día, eu preparaba a equipaxe con moita ilusión, o destino era Noja (Cantabria) unha vila fermosa cunhas praias dun azul intenso. Viaxei cos meus pais en coche, a verdade, é que foi unha viaxe bastante bonita porque fomos pola costa lucense, fixemos unha paradiña en Ribadeo (na praia das catedrais).
A chegada a Noja aloxámonos no Hotel Gran Liber & Spa  situado a moi poucos metros da praia de Ris.
Os dous primeiros días adicamolos a coñecer o municipio, tamén fixemos a ruta "Paseo da Costa".
O paseo bordea toda a Costa dende a praia de Ris ata a de Trengandín, unha ruta inolvidable cunha paisaxe e uns acantilados fermosos.
Cova de Altamira
Unha das cousas curiosas que me sucedeu nesa ruta, foi cando nos adentramos no bosque, alí o son do mar oíase como se murmurase alguén.Tamén coñecín dous amigos dos que fixen moita amistade, con eles e cas nosas familias, visitamos as covas de Altamira.
Unha das poucas maravillas que quedan da prehistoria, alí fixemos un taller de pintura de arte rupestre.
A verdade é que foi unha das mellores viaxes que fixen por ahora.