21/06/11

Unha historia blanquiazul♥

R.C.Deportivo da Coruña, naceu en 1902 na Coruña co nome oficial de " Club Deportivo da sala Calvet "  É o único clube galego cun título de liga. Entre o 1992 e 1997 é a época do chamado Super Depor e outra das boas épocas foi en 1999 e 2004 co Euro Depor. O Depor ten un título de liga española, cinco subcampeonatos e catro terceiros postos, dúas Copas do Rei e tres Supercopas de España.

O uniforme titular actualmente é unha camiseta de raias azuis e brancas verticais, que con moito orgullo a levo posta cada fin de semana que xogan, pantalón e medias azuis.
A segunda equipación é camiseta negra con algún detalle en dourado, pantalón negro e medias negras.
A terceira equipación consta dunha camiseta violeta con cousas en branco, pantalón violeta e medias violeta.

Os xogadores deste equipo entrenan en Abegondo e xogan no estadio de Riazor.

O Depor ten un rival galego, o Celta de Vigo, que como deportivista que son odio con todas as miñas forzas. E alégrome que non ascendese a primeira, porque os seguidores do Celta cando vaixamos a segunda saíron a celebralo, e como din o que ri de último ri mellor. O Depor nunca gañou no estadio do Celta ( Balaídos ) pero este ano romperemos o maleficio.

Os Riazor Blues son unha peña que anima ao Depor, van todos os fines de semana a Riazor a animar coas súas canción e bandeiras ao equipo coruñés.

Non tivemos un bo ano pero estou segura que o Depor volverá a ser un dos grandes aínda que para min o seguirá sendo estea onde estea. Nunca deixarei de ser de este marabilloso equipo porque dende pequena levo as cores no meu corazón.

Déixovos algunhas das cancións que se escoitan cada domingo nas gradas deportivistas.

ÁNIMO E FORZA DEPOR!♥