24/06/11

TRÁXICA NOITE NO SAN XOÁN CORUÑÉS

Praia Orzán na Coruña
Un mozo de 23 anos de orixe brasileira faleceu ao caer nunha fogueira en Labañou, mentres que outro de 42, de orixe arxelina afogouse na praia do Orzán.


Nesta noite o 061 atendeu a 83 persoas.



A festa da noite máis curta do ano tinguiuse de loito na Coruña co falecemento dun mozo durante as celebracións. O suceso produciuse pouco despois da medianoite, cando se procede o tradicional salto das fogueiras.
Barrio de Labañou
O mozo, de 22 anos e de orixe brasileira, que levaba xa varios anos vivindo en Galicia, animouse a participar na festa xunto aos seus amigos. Os mozos elixiron a zona de Labañou para celebrar a noite de San Xoán, apartados da multitude que se adoita amontoar na praia de Riazor. 
Ó parecer, segundo varias testemuñas presenciais, o mozo estaba disposto a saltar a fogueira como manda a tradición cando se produciu a traxedia. Escolleu unha fogata pequena pero ao tratar de coller carrerilla para pasar por encima, caeu noutra fogueira maior, duns tres metros de alto.
Aínda que o intentaron non foron capaces de sacalo entre as chamas. Ata o lugar do suceso desprazáronse axentes da Policía Local e Nacional e varios bombeiros que se encargaron apagar as fogueiras da zona.
Entereime da noticia pola mañá na televisión e decidín facer unha entradiña.