12/06/11

Rosalía de Castro

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela, en 1837 e faleceu en 1885, na súa casa de Padrón.
Dende ben pequena pasou a vivir coa súa nai, primeiro na zona de Padrón e, a partir de 1850, en Santiago de Compostela.
É probable que iniciase a súa formación na Sociedade Económica de Amigos del País, mentres asistía con regularidade ao Liceo da Juventud, lugar de encontro dos intelectuais comprometidos co movemento provincialista.
Posiblemente non fose casual que a marcha de Rosalía a Madrid, en 1856, coincídese coas represalias contra os participantes no Banquete de Conxo, organizado polo grupo de que ela formaba parte aínda que o máis probable é que se desprazase á Corte coa intención de se dedicar profesionalmente á escrita.
Alí casou con Manuel Murguía en 1858 e publicou as súas primeiras obras: o poemario La flor(1857) e mais a novela La hija del mar(1859). Nesta última aparece xa a Rosalía feminista, e escritora que, dentro dos estreitos límites que lle impón a época, foi unha alegación en defensa dos dereitos da muller.
O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre este poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia.