16/06/11

O Rap

O Rap é unha forma de poesía, a poesía urbana. É unha maneira de expresar sentimentos, tanto de alegría e tristeza, amor ou revolución e inconformismo.
A xente que non coñece o Rap pode pensar que que ten mala influencia ou asóciao ao vandalismo.
Iso non é nada certo, como todos, temos conflitos pero hai distintos tipos de persoas e polo tanto distintos rapeiros. Como di MC Daly "O PAPEL PODE DOER MÁIS CUNHA ESPADA"

Cando un compón unha letra, o bolígrafo e o papel son como a súa arma,
mediante el pode defenderse do mundo, lucindo o dominio do vocabulario e intentando influír a xente facendo sentir o que escribe.


No rap en xeral pódense facer distintas cousas como:


  • Un freestyle, que é unha improvisación da primeira cousa que che saia da cabeza e en calquera momento.
  • Os temas, xa expresar os sentimentos emocións etc. como antes dixen.
"Dende Coruña, Pontevedra, Lugo ou Vigo, viaxes a onde sexa o galego irá contigo".